O noso cole dun vistazo

Dende o ano 1931, o Colexio Sagrado Corazón leva sendo unha referencia na educación do Carballiño. Ao longo de máis de noventa anos, acompañamos xeracións de alumnos e alumnas no seu proceso de aprendizaxe, crecemento persoal e formación en valores. Situado no corazón da nosa vila, o noso colexio ofrece unha educación integral que promove o desenvolvemento intelectual, emocional, social e espiritual de cada persoa. Inspirámonos nos valores do Evanxeo e no carisma franciscano de María Ana Mogas, que nos convida a vivir con sinxeleza, alegría e compromiso cos demais. Formamos parte da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas, unha institución cun gran número de colexios en España. O noso proxecto educativo combina tradición e innovación, incorporando novas metodoloxías e tecnoloxías ao servizo dunha aprendizaxe significativa e participativa. O noso obxectivo é formar persoas responsables, críticas e solidarias, capaces de transformar a sociedade desde o respecto, a empatía e a fe compartida.

Mira todo o que facemos!

Visita as nosas redes sociais!
Fai clic aquí

Entre os 3 e os 5 anos de idade.

Idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Os alumnos e alumnas da ESO teñen entre os 12 e os 16 anos.

Ensinanza concertada

ENSINANZA DE CALIDADE

Apostamos clara e decididamente por unha educación de calidade desde os primeiros anos, basada na cercanía e confianza coas nosas familias. 

O alumno é o centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, no que as familias e docentes somos parte activa sempre co mesmo obxectivo; garantir o desenvolvemento integral da persoa.

BILINGÜISMO

Todas as etapas do noso centro son plurilingües, con materias impartidas en inglés en todos os cursos.

Apostamos polo francés como segunda lingua estranxeira.

INNOVACIÓN

Contamos con aulas de infantil adaptadas ás novas necesidades e metodoloxías, con ambientes ricos en estímulos que potencian a creatividade e a felicidade dos nosos alumnos.

Empregamos a metodoloxía da Aprendizaje por Proxectos. 

SERVIZOS

ACOLLIDA MATINAL
Para todo Infantil e Primaria desde as 8:00 horas
COMEDOR
Comida e recreo desde as 13:30 horas ata as 15:30.
UNIFORMES
Tanto deportivo como para o día a día
ANAMO
ANAMO
Os nosos grupos cristiáns para os alumnos
EXTRAESCOLARES
Para favorecer a conciliación e complementar a formación dos nosos alumnos