O Noso Modelo Pedagóxico

A fundación, un carisma ao servizo da educación

O compromiso coa educación cristiá de nenos e mozos ocupou un lugar importante ao longo da historia da Congregación.

En numerosos lugares e con distintas iniciativas, as  irmás primero e máis tarde en unión cos laicos fixemos presente o carisma recibido ao servizo da educación, fundamentalmente en centros propios, caracterizados en todo momento por un estilo educativo inspirado na práctica educativa de María Ana Mogas, adaptado ás  distintas realidades para dar resposta ás necesidades distintas dos seus destinatarios.

Actualmente este estilo educativo está definido na nosa Proposta Educativa e no Proxecto Educativo Evanxelizador.

Trazos específicos da nosa proposta educativa

“Escolas que se xestionan en Misión Compartida, cun estilo de dirección propio, sempre en Equipo, que se distingue por ser: participativo, orientador, animador, organizador e que propicia a formación permanente. ”

A nosa escola defínese como escola cristiá e franciscana, en fidelidade  ao estilo da nosa Fundadora que inspirou o seu labor educativa en valores franciscanos, destacando a sinxeleza e a proximidade nas relacións, e a creación dun clima fraterno de alegría e austeridade na comunidade educativa.

Dende o dereito de toda persoa a unha educación adecuada ás súas capacidades, a nosa escola  ábrese a todos os que desexen este estilo educativo, optando por atender preferentemente aos máis desfavorecidos. Para iso, sempre que sexa posible, acollémonos ao  financiamento público. Queremos así favorecer a igualdade de oportunidades e evitar discriminacións por motivos económicos.

Unha educación: