A nosa  OFERTA EDUCATIVA caracterízase pola súa  Calidade, Atención Personalizada e  Experiencia. Pensamos que é fundamental, motivar aos nosos alumnos no  Esforzo Persoal, no Traballo Constante, na Disciplina e na Responsabilidade. Todas estas calidades son REFERENCIAS para lograr o éxito educativo, persoal e académico. 

 

- Unha pedagoxía centrada no alumno, esixente, creativa e innovadora -


 

O MEU FILLO XA ESTÁ NO COLEXIO

  • Comprende entre os 3 e os 5 anos de idade.
  • Son obxectivos prioritarios neste nivel: o desenvolvemento da autonomía persoal e a socialización.
  • Trabállase a través dunha metodoloxía globalizada e lúdica.
  • Os nosos espazos son acolledores.
  • As aulas dispoñen de diferentes espazos diferenciados que lles axudan a aprender xogando e a desenvolver  destrezas propias do seu proceso evolutivo.
  • Dispoñen dunha Pizarra Dixital Interactiva Multitáctil e dunha aula de informática para a aprendizaxe das TICs.
  • Dispoñen dunha aula de psicomotricidade para desenvolver unha Educación Física para a Excelencia.

- Aposta clara e decidida por unha ensinanza de calidade -

 

UN PASO ADIANTE

  • Comprende entre os 6 e os 12 anos.
  • Entre os 6 e os 7 anos os alumnos experimentan un notable desenvolvemento  psicomotor, cognitivo, persoal, social e moral.
  • Desde os 8 aos 9 anos é importante a vida en grupo e o traballo cooperativo, para que o alumno/a evolucione cara un pensamento máis abstracto.
  • Entre os 10 e os 11 anos predomina o logro dun pensamento máis ordeado grazas ás novas adquisicións cognitivas.


Cunha metodoloxía activa e innovadora, que incorpora programas como Reforzo Educativo, Programa ACCA (Aprendizaxe Cooperativo), Programa IIMM (Intelixencias Múltiples)... non só atendemos á adquisición de aprendizaxes instrumentais e significativos, senón ó desenvolvemento de habilidades sociais e cognitivas ao igual que as competencias clave. Contan con tablets Microsoft Surface con conexión de red e wifi.

 

E... COMEZAN OS RETOS

  • Os alumnos e  alumnas da ESO están entre os 12 e os 16 anos.
  • Esta etapa é esencial para o desenvolvemento de capacidades asociadas aos ámbitos intelectual, social, afectivo, motriz e trascendente.
  • É fundamental o sentido de traballo e esforzo, a disciplina, o respecto ás normas, o silencio académico e a responsabilidade persoal dos alumnos neste momento evolutivo.
  • Todas as aulas permiten unha conexión de  wifi e 1º e 2º ESO están dotadas de ordenadores portátiles grazas ao desenvolvemento do Proxecto Abalar.

O noso obxectivo prioritario é favorecer o  desenvolvemento harmónico e responsable dos alumnos. Creamos un ambiente educativo no que é primordial o traballo en equipo e o rigor; o labor ben feito; o respecto, a convivencia, a disciplina e o compromiso solidario.