Portada » Somos
Somos unha Fundación Educativa onde os NENOS e MOZOS dos nosos colexios buscan a súa felicidade e medran na súa dimensión humana, física, intelectual, social e espiritual, acompañados por PERSOAS fieis ao carisma de María Ana Mogas, comprometidas coa construción dun mundo mellor e máis sostible.
A nosa acción educativa está fundamentada na concepción cristiá da persoa, do mundo e da historia, participando na misión evanxelizadora da Igrexa. Por iso, o noso Proxecto Educativo e o actual Plan estratéxico Institucional están inspirados en Cristo e no seu Evanxeo.
No noso Proxecto Educativo ten cabida todo neno ou mozo independentemente da etapa educativa que deba cursar. Tendo en conta as características dos centros, a nosa oferta educativa difire. Todos os centros ofertan as etapas educativas de ensinanza obrigatoria, é dicir, Educación Infantil, Primaria e Secundaria, optando polo concerto educativo de todas as súas aulas, de forma que toda familia poida acceder, en igualdade de condicións, á formación educativa ofertada.
Por outro lado, de acordo co noso compromiso de servir á sociedade, ofertamos, nalgúns dos nosos centros educativos, educación infantil de Primeiro Ciclo e Bacharelato, e comprometémonos a solicitar a autorización e o concerto de Formación Profesional Básica, Grao Medio e Grao superior, abrindo o abano de oportunidades para os mozos que se encontran escolarizados nos nosos centros, así como a recibir a outros alumnos cuxas familias estean interesadas en coñecer e compartir o noso estilo educativo, baseado na atención personalizada e favorecendo a inclusión e a atención á diversidade.
Un valor inestimable e diferencial confórmano os docentes dos nosos centros. Persoas formadas e vocacionadas, cun perfil cristián e franciscano, que interpreta os signos dos tempos e capta os intereses dos nosos alumnos para propoñer alternativas educativas e metodoloxías innovadoras.
“A acción educativa integral en fidelidade ó estilo franciscano de María Ana Mogas”
A Nosa Misión é a de educar a nenos e mozos nos centros educativos diseminados por diferentes comunidades educativas do territorio nacional, fieis ao estilo franciscano e ao carisma da nosa fundadora, María Ana Mogas Fontcuberta. Para isto temos como referencia dous documentos que son a base do noso ideario de centro: a Proposta Educativa, aprobada no 2003, e a súa concreción, o Proxecto Educativo Evanxelizador, que anima a toda a comunidade educativa á participación na pastoral dos nosos centros.
Definen o marco xurídico que expresa a identidade á Fundación, os seus fins, destinatarios e actividades, así como a súa organización, forma de goberrno e réxime económico. Precisa tamén a súa relación e acordos coa Congregación como entidade fundadora.
1. Escola cristiá e franciscana ao servizo da sociedade.
2. Proposta de educación.
3. Comunidade educativa.
4. Participación na xestión.
María Ana Mogas ve a situación de marxinación da muller no seu tiempo e sente a chamada de Deus a dar unha resposta a través da educación a nenas e mozas.
Así nace a súa primeira escola en Ripoll 1850, cun estilo educativo propio. Ao servizo desta misión nace a Congregación de Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.
María Ana vai abrindo centros educativos, primeiro en Cataluña, despois no resto de España, colexios de Igrexa dentro da familia franciscana, que buscan a educación integral da persoa desenvolvendo todas as súas capacidades en apertura á transcendencia.
“Alí onde se nos precise” foi sempre o criterio para abrir novas presenzas, que hoxe se estenden por doce países de Europa, América e África.
Para dar unha resposta axeitada e de calidade ás cambiantes necesidades, os nosos colexios fan da innovación educativa e a formación dos educadores, cristiáns e franciscanos, piares imprescindibles para levar adelante a nosa Proposta Educativa e o Proxecto Educativo Evanxelizador.
Hoxe en misión compartida, irmás e laicos, educadores e familias, nun continuo diálogo fe-cultura-vida desde unha comunidade cristiá.
A Fundación foi creada polas Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor, o 21 de dicembro de 2017, para continuar a misión educadora de María Ana, mantendo as súas intuicións e o seu estilo.
Integra a todos os colexios de España e está aberta á incorporación doutros centros ou actividades educativas acordes coa finalidade fundacional.
Forma parte da Familia carismática de María Ana e ten como entidades irmás: a Congregación FMMDP, a Asociación de laicos María Ana Mogas, LADESOL, Grupos de Voluntariado, colexios e outras iniciativas educativas da Congregación.