Transparencia

A Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas ten como finalidade a educación integral da infancia e da xuventude, cunha identidade relixiosa católica, segundo a espiritualidade de Francisco de Asís e o carisma María Ana Mogas, expresado no Carácter Propio da Entidade Fundadora e que a Fundación asume como propio dos seus centros e das súas obras.

A Fundación é unha entidade sen fin lucrativo, que persegue obxectivos de interese xeral.

No marco sinalado a  Fundación ten os seguintes fins:

  • Promover unha educación integral, de inspiración cristiá, de calidade, aberta a todos, con especial predilección polos pobres, cos valores de sinxeleza, proximidade, confianza, fraternidade, inquietude pola innovación e pedagoxía activa.
  • Promover a formación inicial e permanente dos educadores e doutros membros da  comunidade educativa, fomentando o seu sentido de pertenza.

A Fundación, para levar a cabo o fin para o que foi creada, realiza a xestión de todos os seus bens con criterios de transparencia, éticos e solidarios. Para iso vela polo correcto funcionamento de cada centro, co fin de xestionar e optimizar todos os recursos existentes dentro do marco legal vixente e seguindo os principios de ser Fundación canónica privada, de ámbito nacional que ten como fin principal impulsar o Proxecto Educativo Institucional e o Carácter Propio.

A Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas establece o modelo de persoa dende uns valores éticos e relixiosos nos que se basea o noso Proxecto Educativo.

O Portal de Transparencia quere ofrecer información referente ao seu goberno corporativo e xestión.

Goberno corporativo

En relación ao Goberno da Fundación,o seu estilo de liderado está baseado na corresponsabilidade, o diálogo e a búsqueda común de obxectivos e estratexias. A Función Directiva e o Goberno potencian o traballo colaborativo e a implicación de todos na misión común. En todos os seus órganos e niveis de competencia está encamiñada á consecución dos principios e valores que sustenta a Cultura Organizativa. O goberno da Fundación caracterízase polos seguintes principios:

  • Prioridade da persoa e recoñecemento da súa dignidade.
  • Principios éticos fundamentados nos valores evanxélicos recollidos no Carácter Propio como son a equidade, a xustiza, a veracidade, a sinxeleza e a solidariedade.
  • Transparencia. Calquera actuación da Fundación baséase nun coñecemento  e procedemento transparentes, que fagan evidente o propósito das partes implicadas.
  • Traballo en equipo, con visións compartidas, como comunidade que aprende.
  • Toma de decisións encamiñada á mellor consecución dos fins da Fundación.

Todos estes principios lévanos a cabo os Órganos de Goberno

  • O Padroado: nomeado pola Entidade Fundadora co fin de dar continuidade ao manifestado na súa Carta Fundacional. Reúnense polo menos tres veces ao ano para seguir aqueles temas específicos que ocupan o curso escolar, nomear os membros dos Equipos Directivos e aprobar os presupostos anuais.
  • O Equipo de Titularidade: O Equipo de Titularidade é o órgano executivo colexiado da Fundación para o conxunto dos Centros e actividades desenvolvidas por ésta, sendo o responsable directo do seu funcionamento. Dirixe a xestión ordinaria e representativa da Fundación, en dependencia do Padroado, e no marco establecido polos Estatutos e polo Regulamento de Réxime Interior.
  • O Equipo Directivo de Centro é o encargado de dirixir e animar a actividade educativo-pastoral do mesmo, desenvolvendo as directrices marcadas polo Padroado e o Equipo de Titularidade no seu contexto.

Cada persoa relacionada coa Fundación asume unhas responsabilidades e funcións diferenciadas en consonancia coa achega particular de cada un ao proxecto común.

Neste sentido, faise preciso definir un código de conduta cun marco suficiente para o desenvolvemento das funcións e actividades das persoas que, de unha forma ou outra, traballan ou  colaboran nos centros.

O respecto á dignidade das persoas e ao seu desenvolvemento integral, así como a proxección exterior do noso labor docente e da nosa propia identidade esixen a observancia dunhas normas mínimas de comportamento que axuden a proceder dun  modo adecuado co labor que se desenvolve na Institución.

Este código de conduta concrétase no Manual de Goberno Corporativo da Fundación e na declaración responsable que asinan todos os seus traballadores.

Co fin de garantir o cumprimento do Código, debe existir, como órgano dependente do Padroado da Fundación, un Comité de Observancia composto por tres membros nomeados por el mesmo para un tempo determinado.

Este Comité poderá actuar por propia iniciativa e a instancias ou por comunicación de calquera persoa que traballe nos Colexios da Fundación ou se relacione con ela.

A estes efectos, as comunicacións poderán facerse chegar ao Comité a través de calquera dos seguintes medios:

Correo postal: Presidenta del Patronato (A/A Comité Observancia). C/ Santa Engracia 140. 28003. Madrid

Correo electrónico: compliance@edu.anamogas.org  

A Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas, tendo presente o seu  Manual de Goberno Corporativo, establece como política da compañía a promoción da igualdade de oportunidades laborais, na que se valora un contorno laboral sen acoso verbal nin físico. A tal fin desenvolve o Plan de Igualdade cos seguintes obxectivos xerais:

Promover unha cultura organizacional sensible ao xénero que difunda valores de igualdade en toda a Fundación como parte dos seus principios.

  • Promover e difundir unha imaxe interna e externa da entidade comprometida coa igualdade de oportunidades.
  • Garantir igualdade retributiva para traballos de igual valor.
  • Promover procesos de selección e promoción en igualdade que eviten a segregación e a utilización da  linguaxe sexista.
  • Facilitar a formación en igualdade a traballadores e traballadoras.
  • Favorecer a adopción de medidas orientadas a mellorar a conciliación da vida laboral coa profesional.
  • Previr e sancionar situacións de acoso dentro da Entidade, prestando especial atención ás de índole sexual.
  • Promocionar a saúde  laboral das empregadas públicas dende unha perspectiva de xénero.
    •  

Manual de Goberno Corporativo

Plan de Igualdade

Regulamento de Réxime Interno

Xestión económica

A Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas, fai uso dos seus bens e xestiónaos para respostar á fin para a que se creou. Como Institución cristiá e educativa, desexa ser un horizonte creativo, ilusionante, innovador e carismático que impulse e axude a seguir educando co noso carisma. Facendo unha aposta pola mellora continua, mirando ao futuro. A tal fin poñemos a disposición de quen o solicite todos os documentos da área económica que acrediten tal finalidade.

Lei Nacional de Fundacións

Acordo entre o Estado Español e a Santa Sede sobre Asuntos Económicos

Código de conducta para inversións

Informe de auditoría