Portada » Uniformes
No noso Centro apostamos polo uniforme ao considerar que o seu uso garantiza a igualdade de todos os alumnos.
O uniforme tanto escolar como deportivo é obrigatorio en prendas e cores para todo o alumnado.
Poderase adquirir en:
Normas a ter en conta sobre o uniforme:
O uniforme escolar utilizarase en Educación Infantil e Educación Primaria. En Educación Secundaria só se usará o uniforme deportivo. A continuación, especifícanse as características:
1. Polo branco camiseiro, con escudo bordado no peito esquerdo, con liñas cor tella en mangas e colo segundo modelo. Pode ser de manga larga ou de manga curta.
2. Xersey de punto de colo pico, cor tella, con escudo bordado no peito esquerdo e liñas gris marengo no colo, puños e cintura segundo modelo.
3. Falda ou pantalón gris marengo, con escudo bordado e vivos en cor tella segundo modelo. Os alumnos poden utilizar pantalón cuto e as alumnas poden utilizar pantalón, se así o desexan.
4. Mandilón, segundo modelo, ata 6º de Ed. Primaria, incluido.
5. Chaqueta polar (opcional), con escudo bordado no peito esquerdo e espalda, sublimación nos laterais cor laranxa institucional.
5. Calcetíns, medias ou pantis, cor gris escuro, (ex.: color 290 marca Cóndor ou similar). Para o uniforme deportivo calcetín branco.
6. Lazos do pelo, diademas, gomas, cintas…: azul mariño, gris escuro, branco ou laranxa.
7. Zapatos ou botas cor negra ou azul mariña.
8. Prenda de abrigo cor azul mariña. Non están permitidas como prendas de abrigo: suadoiros, cazadoras vaqueiras ou prendas deportivas.
9. Chándal e camiseta, segundo modelo, para utilizar exclusivamente nas clases de educación física, actividades deportivas ou actividades extraescolares.
10. Tenis deportivos cor branca.
11. Todas as prendas deben estar identificadas con nome e apelidos.
12. O uso do uniforme implica unha imaxe adecuada e acorde ao mesmo.