Venda de uniformes

Uniforme escolar

Presentámosvos o noso uniforme escolar, cun deseño actual e adaptado ás necesidades do noso alumnado

Neste uniforme buscouse unha mellora nos materiais, buscando unha maior calidade dos mesmos, así como do seu deseño, de maneira que o noso alumnado esté orgulloso de levalo.

A implantación do uniforme e do equipamento deportivo será progresiva, comezando no curso 2023-24, de maneira que as familias teñen 3 anos para adquirilo desde esa data, podendo convivir co antigo uniforme durante ese período.

Os calcetíns serán de cor azul cobalto, a xogo co xersei.

O zapato será colexial e en cor azul mariña. As zapatillas de deporte deben ser brancas.

A peza de abrigo (chaquetón, parka…) será de cor azul mariña, non sendo obrigatorio o plumífero con logo que se oferta co resto do uniforme.

O resto de complementos (lazos, diademas…) terán que seguir as cores do uniforme: azul cobalto, branco…

Uniforme deportivo: 

Ata 4º de primaria incluído,  chándal e suadoiro con cremalleira; camiseta e pantalón curto de algodón.

Desde 5º EP ata 4º ESO, chándal e suadoiro con carapucha; camiseta e pantalón curto técnicos.

As pezas deportivas son obrigatorias nas clases de educación física, actividades deportivas ou actividades extraescolares. Nesta páxina atoparedes as canles de venda para adquirir as diferentes pezas.

Todas as pezas de roupa así como os zapatos deben estar claramente identificadas con nome e apelidos.

O uso do uniforme conleva unha imaxe axeitada e acorde co mesmo.

Consulta aquí o manual de compra da tenda online. Código para o curso 24/25: CARBALLIÑO2025

Xuntos melloramos!

Puntos de venda online

Compra online

Puedes acceder a través del siguiente enlace
Haz clic aquí

Compra online

Puedes acceder a través del siguiente enlace
Haz clic aquí

Fichas dos uniformes

O uniforme escolar e a equipación deportiva adecúanse a cada etapa educativa. 

No carrusel adxunto podes consultar as fichas das diferentes pezas de roupa.